O gato bravo (Felis sylvestris) é unha especie presente en Galicia, pero da que non hai moita información publicada. Por iso, é necesario actualizar o coñecemento sobre a súa distribución e abundancia, ademais de realizar unha aproximación á súa presenza histórica na comunidade.
Por este motivo, o gato bravo foi escollido como Especie do Ano 2014 na recentemente creada Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo (MCeTM), grazas á colaboración do Grupo de Desenvolvemento Rural As Mariñas Betanzos, da propia Reserva e do Grupo Naturalista Hábitat.
Para facer un pouco máis accesible esta especie tan descoñecida, temos editado un tríptico coa información dispoñible ata o momento, que podes descargar no apartado Documentación.
Para afondar no coñecemento da abundancia e distribución de gato bravo, iniciamos una campaña de recollida de citas, tanto históricas como actuais, de avistamentos ou de atropelos. Para facilitar o tratamento de datos, poñemos á vosa disposición unhas fichas de recollida de datos no apartado Documentación. Estas fichas foron elaboradas a partir das deseñadas polos membros do Proyecto Gato Bravo, a quen agradecemos.
Colaboradores