O Grupo Naturalista Hábitat segue a medrar, e como parte imprescindibel desta mellora, presentámosvos a nova web que vimos de inagurar.
Nela estarán todos os contidos incluidos nesta web, que cesará a súa actualización en prol desta nova vía de comunicación, onde seguiremos informando das vindeiras iniciativas que desenvolva o grupo. Ademais atoparedes multitude de recursos e información sobre este, e outros proxectos que levamos a cabo. Compre salientar que esta nova realidade non sería posible sen a colaboración altruista do compañeiro Juanda Presa, responsable do deseño e desenvolvemento desta ferramenta, así como de moitos outros membros de Hábitat, que participaron na súa posta en marcha. Grazas unha vez máis a todos polo voso apoio, colaboración, tempo e esforzos...con vós Hábitat faise cada día máis grande. Agardamos que vos guste e que gocedes con esta nova etapa que estamos a comezar! |
Gato bravo en Galicia
Este proxecto nace ante a necesidade de ampliar o coñecemento sobre a distribución e abundancia do gato bravo (Felis silvestris) en Galicia, ademais de realizar unha aproximación á súa presenza histórica. |